Amosando publicacións coa etiqueta A horta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A horta. Amosar todas as publicacións

sábado, 10 de decembro de 2022

TRABALLOS DE HORTA

Xa que os peques comezaron os traballos de horta, aquí vai unha pequena escolma de libros que tendes a vosa disposición na biblioteca para saber máis sobre as incribles plantas. 






venres, 1 de maio de 2015


Paco Nogueiras , é o autor da canción "Cos pés na terra " do seu CD Brinca vai!. Tamén ten a canción dos xogos que dá título ao CD.

Esta é a letra para que a cantedes!

Se xogo á PITA CEGA non podo ver.
Atentos aos reflexos vén o BRILÉ.
Teremos moito ollo xogando á RA.
Pero co TRES EN RAIA hai que maquinar.

Brinca vai!Brinca vai!
Brinca vai!Brinca vai!
Conta aos da roda  a ver quen sae. (bis)

Colle a BUXAINA e tira ben.
Ten tino na mariola onde pos os pés.
Colle a BILLARDA e mándaa lonxe.
Nas CARREIRAS DE SACOS tes que apurar.

Brinca vai!Brinca vai!
Brinca vai!Brinca vai!
Conta aos da roda  a ver quen sae. (bis)

Imos cantar:
Rabo de boi, rabo de besta, 
dixo meu pai que estaba nesta.

Taco, taco, número catro,
un dous,tres e catro.

Un, dous, tres, zapatiño ingés,
sen mover as mans nin os pés.

Vexo, vexo...Que ves?

Vexo os nen@s xogar.
Dálle forte á CORDA,hai que saltar!
Quen pille primeiro o PANO vai ganar!
Nos ZANCOS parece que son moito máis alto.
O ARO na corredoira vai xirar.

Brinca vai!Brinca vai!
Brinca vai!Brinca vai!
Conta aos da roda  a ver quen sae. (bis)

Para ver como se xoga a todos estes xogos consulta esta páxina: