Amosando publicacións coa etiqueta Dia do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia do libro. Amosar todas as publicacións

sábado, 20 de abril de 2013

23 de abril: Día do Libro

"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo"  
 23 de abril 2013: Día mundial do Libro
Lecturas recomendadas de ABRIL:
Se premedes na imaxe de Area e María iredes á páxina de Pinterest onde CROCAIO  fixo unha selección de libros  para conmemorar o día mundial do Libro, a maioría novidades, para que saibades que ler ou que comprar para facer un agasallo.
Todos están na exposición da entrada pero iremos dando pouco a pouco reseñas de cada un. 
Hoxe comezamos con unha novidade de Kalandaka para os máis cativos:

mércores, 2 de maio de 2012

Celebrando o Día do Libro

Levamos días agardando polo sol para saír a contar os contos pero como non deu chegado decidimos facelo hoxe e na Hora de Ler buscaron un curruncho axeitado do cole e alí compartiron as historias que levaban preparadas desde hai días, coa música de "Carros de Fuego " de fondo.
 Ao rematar foron xuntándose na Biblioteca para rematar a celebración. 
Así nos quedou:
Da biblioteca á natureza: Bibliocrocaio 2012 on PhotoPeach



 Para saber como se fai un libro aprendemos cos Bolechas como fixeron o libro sobre o seu can Chispa:
 


 E ainda tivemos tempo de facer entre todos o LIM de Fina Casalderrey que preparou a profe Inés na nova pantalla interactiva que estreamos hoxe.(Aquí colocándoa)

sábado, 21 de abril de 2012


 O venres día 20 tiveron lugar en Santiago de  Compostela os Encontros dos responsables das Bibliotecas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Alí, ademais de moitas ideas, novas traemos unha prácticos marcapáxinas  cos que vos agasallaremos o luns, que nos lembran o que o día 23 de abril é o Día Mundial do Libro.(Preme para facer unha caza do tesouro sobre o Dia do Libro)

Abril é o mes no que os libros e a lectura está máis presente, como chamada de atención sobre a importancia dunha actividade que é esencial na formación do alumnado como cidadáns activos e críticos, como estudantes eficaces, como persoas felices. 
Gústame ler e... recomendo: on PhotoPeach




A parte posterior do marcapáxinas ten un texto de Agustín Fernández Paz, escrito especialmente para este día. e que remata así:
"Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes...Unha maxia secreta e inesgotable, que a nón nos corresponde descubrir"