Amosando publicacións coa etiqueta Homenaxe a Agustín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Homenaxe a Agustín. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de xullo de 2012

Participamos na homenaxe a Agustín Fernández Paz

Aqui tedes algunha das imaxes da homenaxe, os alumnos escoitan pacientemente outras intervencións mentres agardan a súa participación, os papás están entre o público e tamén a nosa directora Dna. Inés, en primeiro plano o escritor e a súa filla, e os tamén escritores Xavier Senín, Paco Martín e X. A. Neira .
 Asier leu a Cunqueiro:
Agora trobo o vento e máila lúa fría,
non o cervo do monte que a ágoa volvía.

Agora trobo o mare e máila nao veleira
non a amiga que canta só da abelaneira.

Agora trobo a lúa e máilo vento irado,
non o cervo do monte, meu amigo pasado.

Agora trobo a nao e máila mar maior,
e non aquela amiga, miña branca señor.

Palabras de Andrea:
"Agustín Fernandez Paz semella para min ser o personaxe de Fréderik, de Leo Lioni: o rato poeta que enche a súa despensa de raios de sol, cores de primavera e arrecendos de verán, para poder pasar o longo inverno  e contárllelo aos outros ratos , pero as súas palabras conteñen a forza necesaria para cambiar a vida e para cambiar o mundo."
Lucas leu un texto de Agustín:
..."Lémbrome dos cómics que os meus irmáns e mais eu liamos unha e outra vez, nunha época en que a palabra televisión aínda nos era totalmente descoñecida.
Lémbrome dos seriais que escoitabamos pola radio, sobre todo dos que eran os meus preferidos: Superman e Unha princesa de Marte.
...
Lémbrome do andel onde o meu pai gardaba os seus libros, entre os que había títulos inesquecibles como A illa misteriosa, O escaravello de ouro ou Os tigres da Malaisia.
Lémbrome do recendo a mazá madura que había nos armarios e nos chineiros da miña casa..."

Remate do acto coa interpretación do Himno Galego, ao fondo a violinista Begoña Riobó, que acompañou a Anxo Pintos e a súa zanfona (de Berrogüeto) e á cantante Uxía, as sobriñas do escritor e as profes que participamos.
Grazas Agustín por ofrecernos aos docentes e alumnos galegos esas historias tan ben contadas que nos axudan a coñecer mundos partindo sempre da nosa realidade galega e facendo do galego unha lingua universal para escribir e ler infinitas aventuras.
Agardamos ainda moitas máis!!