venres, 29 de setembro de 2017

Países, cidades, libros e cancións para esta finde.

MAPAS DE ESPAÑA E DO MUNDO

CROCAIO ESPERA QUE VOS GUSTEN ESTES MAPAS DE ESPAÑA E DO MUNDO PARA NENOS DO BLOG DE LOS NIÑOS
DE XEITO AMENO E DIVERTIDO PODEDES COÑECER AS MONTAÑAS, OS RÍOS, AS CIDADES, XOGOS DE XEOGRAFÍA, MAPAS MUDOS DE ESPAÑA, EUROPA, AMÉRICA E O MUNDO


E tamén unha canción:

mércores, 20 de setembro de 2017

mércores, 13 de setembro de 2017

Novos espazos nas Bibliotecas Escolares

Comeza o curso e comeza a materializarse un pequeno proxecto piloto no que participan 4 centros educativos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, e situados, ademais, en zonas rurais.
 Estes centros van axudar a explorar novos avances na configuración da biblioteca escolar como "centro creativo das aprendizaxes".
 Este Proxecto LIA.2, esténdese ao longo do presente curso 2017/2018 coa utilización plena das bibliotecas renovadas e a posta en marcha de proxectos que implican o uso extensivo de todos os recursos e posibilidades da biblioteca escolar.
 O seguimento desta pilotaxe e as valoracións obtidas, permitirá novos avances na Rede de bibliotecas escolares de Galicia. Unha das liñas de traballo marcadas é a inclusión dun espazo maker na biblioteca, que ten comezado en moitos casos coa presenza dos "escornabots", pero que garda moitas outras posibilidades.

 Vemos un excelente exemplo nesta Inauguración do ESPAZO FEDELLEIRO, da EEI de Barrionovo (Arteixo), un dos centros participantes desta pilotaxe.
ESTREAMOS O ESPAZO FEDELLEIRO DA BIBLIOBN from biblio BN on Vimeo.

Atopades a Crocaio ?



Comezamos un novo proxecto:
                          Viaxamos con Crocaio polo mundo!
 Preparade as mochilas e os cadernos de viaxe para anotar todo o que aprendamos nas viaxes, reais e imaxinarias  que faremos  polo mundo ao longo do curso escolar 2017-2018.



domingo, 10 de setembro de 2017

Estades preparados para iniciar un novo curso?
Mañá comeza a nosa viaxe
Libros na maleta!
Lectura aventura!
Viaxamos polo mundo con Crocaio!
 Todo é ao fin unha viaxe, que comeza  e remata despois de vivir novas experiencias, a lectura é unha viaxe de aventuras, de descubrimentos que ao seu remate nos aporta  inquedanzas, emocións... son os souvenirs, lembranzas que se van engadindo á equipaxe da vida.
 Viaxar é unha experiencia que tamén se pode facer a través da lectura e que nos axudará a ampliar a nosa forma de ver o mundo.

 O tema das viaxes, viaxes no tempo, viaxes de vacacións, viaxes imaxinarios, viaxes a cidades e países importantes... será o  proxecto que levaremos a cabo este ano desde a Biblio Crocaio.


Vémonos mañá!