xoves, 10 de maio de 2018

Servando Barreiro na Biblio Crocaio

O músico Servando Barreiro virá ao cole mañá venres  e ofrecerá dúas sesións.
 A primeira para infantil e 1º ás dez e a segunda para 2º, 3º e 4º, ao remate da primeira.

mércores, 9 de maio de 2018

Enchemos o Parque de Castrelos de Contos

O día 8 de maio asistimos en Castrelos á Quinta quedada Literaria organizada por once colexios públicos coa axuda da Biblioteca neira Vilas e do Concello de Vigo.
 Os voluntarios e voluntarias de lectura de sexto acompañaron aos máis pequenos do cole e unha vez alí buscaron aos seus grupos para facer a lectura dos contos que levaban preparados.
Despois leron individualmente e por último atravesamos os fermosos xardíns da Finca da Marquesa para escoitar os contos de Migallas e rematar así unha radiante mañá de convivencia de mestras, mestres, nenas e nenos e contadores de contos. 
Encantounos. Repetiremos!!

Intercambiamos lecturas e marcapáxinas
Voluntarios de lecturas axudaron cos máis pequenos:
Escoitamos contacontos como Raquel Queizás:
Intercambiamos lecturas con nenos e nenas de outros coles:

luns, 30 de abril de 2018

As familias tamén contan!

Inauguramos as sesións de contacontos das familias coa mamá de Sara de 1º curso que hoxe visitou a Biblio Crocaio para contar a º e 2º:
 NO tengo nada de sueño y NO QUIERO ir a dormir de Lauren Child da editorial Serrés
Juan ten unha irmá pequena que se chama Tolola. Ás veces ten a difícil misión de deitala. Pero a Totola encántalle quedarse de pé ata tarde e imaxinar mil situacións disparatadas antes de asumir que ten que deitarse...
Un libro precioso como podes comprobar!  Moitas grazas mami, podes volver cando queiras!

luns, 23 de abril de 2018

Padriños e madriñas lectores

                           
Hoxe, 23 de abril celebramos o Día Mundial do LIBRO, na Hora de ler saímos ao sol a compartir unha lectura cos máis pequenos, con música das Maimiñas de fondo, limos contos e escoitámolos sentados libremente ao sol ou á sombra.
Despois asistimos na Biblio á representación do conto "Cinco minutos de paz" polos alumnos voluntarios de 5º e 6
                             
                             
Ao rematar vimos o vídeo dos Book Tubers do Pondal, alumnado que recomenda libros que gustaron moito.
                                         
                                         
                                          
E rematamos cantando O libro máxico de Migallas.

sábado, 21 de abril de 2018

Preparamos o Día do Libro


 O poeta Fran Alonso redactou este texto especialmente para as Bibliotecas Escolares no Día Mundial do Libro

PREPARAMOS O DÍA DO LIBRO FACENDO ESTAS ESPECTACULARES RECOMENDACIÓNS LECTORAS:
Fixemos tamén un mural colectivo na entrada no que lembramos   a data e a necesidade de vir á biblio Crocaio e levar un libro en préstamo, xa que cos libros viaxamos polo mundo e aprendemos moito.

Na parte inferior do mural deixamos un espacio que chamamos EXPRÉSATE para que os nenos e nenas escriban  a resposta a 
Cal foi un libro que che encantou? deixamos rotuladores de cores para que escriban.

-Faremos exposición de libros de viaxes e novidades .
Na  HORA DE LER : Padriños e madriñas lectores, sairemos a ler ao aire libre, os maiores lerán por grupos aos pequenos.
Ao rematar xuntarémonos na Biblio Crocaio para
1.-Ver algunha representación dos contos xa contados polos Voluntarios a infantil.
2.-Lembraremos as partes dun libro  (vídeo)e repartiremos o Boletín de lecturas recomendadas.
3.-Veremos o vídeo das recomendacións lectoras feito por todos os cursos.
4.-Repasamos a canción O libro máxico, de MIGALLAS xa que será a que levemos á Quedada literaria do día 8 de maio en Castrelos  e poñeremos o vídeo do espectáculo de Migallas así titulado:

Montaxe feita coas fotos do apadriñamento lector de abil 2017:

xoves, 19 de abril de 2018

Pere Tobaruela visitou a BIBLIO CROCAIO

   O escritor Pere Tobaruela, autor dos libros de FORMIGAS visitounos hoxe.Recibímolo na BiblioCrocaio o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º.

Contounos moitas anécdotas do seu traballo de escritor, fíxonos participar da súa charla e respondeu amablemante as preguntas que lle fixemos. O que máis nos chamou a arención foi que é de orixe catalán e que aprendeu a falar galego para poder falar cos seus veciños xa que vive nun pobo pequeno cerca de Santiago. 

Díxonos que temos moita sorte de ter dúas linguas, porque sempre enriquecen os nosos coñecementos, el falounos algo en italiano e catalán.

Contounos un segredo: o FORMIGAS número 5 vai a  suceder en  COMPOSTELA.
Moitas grazas Pere pola túa amabilidade!!





OUTROS LIBROS DE PERE TOBARUELA ADEMAIS DE FORMIGAS:




domingo, 15 de abril de 2018

Hoxe é un bo día para visitar o Salón do Libro en Pontevedra

Escritoras, ilustradoras, nais e avoas que contan contos, mestras, libreiras, bibliotecarias… Elas e outras tantas son as protagonistas de Mulleres de conto, o lema da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, un evento de case un mes de duración que este ano se abre ao mundo grazas á presenza de México como país convidado.